Nós

Fibra Pobra,
Máis que unha marca.

By Pizpireta Telecom.

Nacemos co obxectivo de achegar o acceso a Internet ás zonas rurais con carencias de telecomunicacións en Galicia.

Despois de máis de 20 anos traballando con diferentes redes wisp, coma “Wifi Pobra” ou “Akiwifi Barbanza”, e de ser socio fundador da asociación wifi “Rianxo sen Cabos”, decidimos dar o salto o mundo das Fibras e da Telefonía.

Pero farémolo como sempre o fixemos: con franqueza, humildade e moito traballo.

Ademáis, non só che ofrecemos acceso a Internet e telefonía, se non tamén TV, Internet 4G e á tecnoloxía por enlace wifi de Akiwifi.

Traballamos continuamente para ofrecerche novos servizos que che axuden a facer a vida máis fácil, sempre dende un trato próximo e de confianza. Buscando relacións de éxito a longo prazo contigo.

nos como marca

Estés onde estés, traballamos para ti

A filosofía dun operador local que nunca che abandona fronte o trato impersoal dos grandes operadores.